Enviado por Ignacio.Agullo o Lun, 06/15/2026 - 22:56
Cifrado Integral de Disco con partición boot
Esta páxina explica como usar a pantalla Particionar os discos do instalador en modo texto para instalar Trisquel con Cifrado Integral de Disco con partición boot. Unha partición boot cifrada ofrece máis seguridade, pero para que funcione é necesario que o cargador de arranque da BIOS ou UEFI do computador teña a capacidade de manexar particións cifradas, como por exemplo é o caso das BIOS Libreboot e Canoeboot.
O contido desta opción A está verificado para Trisquel 12 Ecne.
Pantalla Particionar os discos
- Selecciona a opción "Manual" e preme Intro.
- Verás o menú Particionar os discos. Este menú amosa opcións (Particionamento guiado, Configurar os volumes, Desfacer as modificacións e Rematar o particionamento) e tamén unha lista das unidades de almacenamento identificadas polo seu tamaño e o nome do fabricante. Selecciona a unidade para o Cifrado Integral de Disco e preme Intro.
- Pedirase confirmación para crear unha nova táboa de particións para a unidade seleccionada. Selecciona Si e preme Intro.
- Verás o menú Particionar os discos de novo, con tres novas opcións de configuración, e tamén unha liña nova dicindo "ESPACIO LIBRE" debaixo da unidade. Selecciona esta liña e preme Intro.
- Verás un menú con opcións para a unidade. Selecciona "Crear unha nova partición" e preme Intro.
- Pedirase o tamaño da partición, co valor por defecto de todo o espazo dispoñible. Déixao como está. Selecciona Continuar e preme Intro.
- Preguntarase o tipo de partición. Selecciona Primaria e preme Intro.
- Verás a información da partición. Selecciona a liña "Empregar como" e preme Intro.
- Preguntarase como empregar esta partición. Selecciona "Volume físico para o cifrado" e preme Intro.
- A información da partición amosarase. Se a unidade contén datos sen cifrar, deixa "Borrar datos" como Si; de non ser así, cámbiao por Non. Selecciona a última liña, "Rematouse de configurar a partición", e preme Intro.
- Verás o menú de Particionar os discos outra vez. Selecciona a liña "Configurar os volumes cifrados" e preme Intro.
- Pedirase confirmación para gardar as modificacións ós discos e configurar os volumes cifrados. Selecciona Si e preme Intro.
- Verás un menú. Selecciona "Crear volumes cifrados" e preme Intro.
- Verás unha lista de dispositivos e preguntarase cal dispositivo se vai cifrar. Se o teu computador ten un único dispositivo, haberá unha única liña, con un nome como "/dev/sda1". Asegúrate de seleccionar a liña correcta e entón preme a barra espazadora para que un asterisco apareza entre os corchetes. Despois selecciona Continuar e preme Intro.
- Verás un menú. Selecciona "Rematar" e preme Intro.
- Se escolliches borrar datos, pedirase confirmación agora. Selecciona Si e preme Intro. O borrado levará tempo.
- Preguntarase a chave para cifrar o disco enteiro, dúas veces. A chave ten que ser diferente da chave de usuario. Introduce a chave e entón selecciona Continuar e preme Intro.
- Verás o menú Particionar os discos outra vez, cunha liña nova para o Volume cifrado, e outra liña debaixo para a partición núm. 1. Selecciona esta liña de abaixo e preme Intro.
- Verás un menú. Selecciona a liña "Empregar como" e preme Intro para cambiar o seu valor a "volume físico para LVM". Entón selecciona "Rematouse de modificar a partición" e preme Intro.
- Verás o menú Particionar os discos outra vez. Selecciona "Configurar o LVM (xestor de volumes lóxicos)" e preme Intro.
- Pedirase confirmación para "gardar nos discos as modificacións e configurar LVM". Selecciona Si e preme Intro.
- Verás o menú LVM, amosando o número de volumes físicos libres, volumes físicos en uso, grupos de volumes e volumes lóxicos. Selecciona "Crear un grupo de volumes" e preme Intro.
- Pedirase o nome do grupo de volumes. Introduce "matrix", entón selecciona Continuar e preme Intro.
- Pedirase os dispositivos para o novo grupo de volumes. Deberías ver un só. Selecciona a liña e entón preme a barra espazadora, para que un asterisco apareza entre os corchetes. Entón selecciona Continuar e preme Intro.
- Volverás ó menú LVM. Selecciona a liña "Crear un volume lóxico" e preme Intro.
- Preguntarase cal grupo de volumes usar. Deberías ter un só, o que acabas de crear. Selecciónao e preme Intro.
- Pedirase o nome do volume lóxico. Introduce "rootvol" e preme Intro.
- Pedirase o tamaño do volume lóxico, por defecto todo o espazo dispoñible. En caso de querer usar unha partición de intercambio, resta 2048 Megaoctetos do tamaño, o calquera cantidade que vexas adecuada. Selecciona Continuar e preme Intro. Volverás ó menú LVM.
- En caso de querer usar unha partición de intercambio, secciona "Crear volume lóxico" e preme Intro, despois selecciona o grupo de volumes e preme Intro, introduce o nome "swap" e preme Intro, introduce o tamaño (2048 Megaoctetos ou calquera cantidade que vexas adecuada) e preme Intro
- No menú LVM, selecciona "Rematar" e preme Intro.
- Verás o menú de Particionar os discos de novo. Selecciona a partición núm. 1 do volume lóxico rootvol e preme Intro.
- Verás o menú de particións. Selecciona "Sistema de ficheiros transaccional Ext4" e preme Intro.
- Verás a información da partición. Selecciona o Punto de montaxe e preme Intro.
- Verás as opcións para o Punto de montaxe. Selecciona / e preme Intro.
- Verás a información da partición de novo. Selecciona "Rematouse de modificar a partición" e preme Intro.
- Verás o menú de Particionar os discos de novo. Se tés un volume lóxico swap, selecciónao e preme Intro. Verás o menú de particións. Selecciona "Empregar como" e cambia o seu valor a "área de intercambio". Preme Intro, despois selecciona "Rematouse de modificar a partición" e preme Intro
- Verás o menú de Particionar os discos de novo. Selecciona "Rematar o particionamento e gravar no disco as modificacións" e preme Intro.
- En caso de non ter unha partición de intercambio, pedirase confirmar non regresar ó menú de Particionar os discos. Selecciona Non e preme Intro
- Pedirase confirmación para gravar nos discos as modificacións. Selecciona Si e preme Intro.

